martes, 13 de febrero de 2018

Celebramos o Entroido no cole

Este pasado venres celebramos no cole o Entroido xunto coas familias...
Primeiro nos vestimos cos disfraces de Robot que fixeron as nais e pais do ANPA e que lle dedicaron tantas horas para que quedara moi lucido...

Despois fixemos un "Desfile" e unha foto de todo o alumnado do Centro disfrazado no patio dos maiores...

A volta no Ximnasio merendamos coas filloas, orellas, biscoito....e chocolate quente....Estaba moi bo todo o que as familias trouxeron da casa....E por último os "Xogos"...Pasámolo xenial...
Non quero terminar esta entrada sen darlle PARABÉNS Ó ANPA DESTE COLEXIO xa que conseguiron o terceiro premio no Desfile Infantil de Marín, grazas ó seu esforzo e traballo.

E se queredes ver máis fotos deste Entroido so tendes que premer no seguinte enlace:
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/2018/02/robots-no-ceip-carballeira-polo-entroido.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario