jueves, 8 de marzo de 2018

Visita do carpinteiro Alfonso

Seguimos traballando coas profesións e hoxe tivemos a gran sorte de que nos visitara un carpinteiro...
Como nas outras visitas que xa tivemos de profesionais, invitamos a os nenos e nenas de  3 anos e de 1º e 2º de Primaria...
Alfonso veu cargado de moita ferramenta, que nos explicou para que valía, varios tipos de madeira... traía moitas gañas de ensinarnos moitas cousas sobre a profesión de carpinteiro....
Foi unha experiencia xenial grazas a súa colaboración...
E puxo en práctica todo o que nos explicou facendo unha caixa nun momento, grazas a súa habilidade coa madeira...
Tanto nos gustou que cando marchou os nenos e nenas da clase quixeron xogar a ser CARPINTEIROS!!!!


MOITAS GRAZAS ALFONSO!!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario